Os alumnos e alumnas de educación infantil do CEIP Pio XII participaron no noso centro nunha visita guiada polo alumnado de ciclo superior de educación infantil, que agasallaron aos pequenos co seguinte menú:
1º Prato Unha representación de luz negra, o "Vals das froitas de outono", que podedes ver premendo na imaxe:
2º Prato Unha selección de contos de alimentación na nosa biblioteca:
Postre: Unha visita teatralizada na que os alumnos e alumnas de ciclo superior de infantil guiaron aos pequenos polas instalacións do depatamento de hostalaría a través das diferentes seccións do tratamento dos alimentos dende que entran no ecomomato ata que chegan a mesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario