Composteleo

jueves, 22 de diciembre de 2016

Intercambio de lecturas no Nadal


Para celebrar este Nadal 2016 os compañeiros e compañeiras voluntarios ambientaron a nosa bilbioteca para facer o intercambio de lecturas para Nadal.

       Neste ambiente tan navideño, cada un de nos presentou aos compañeiros a súa recomendación de lectura para estas vacacións, traendo o seu libro favorito e prestándoo a un compañeiro ou compañeira que o solicita tras a súa presentación.

       A proposta do alumnado decidimos facer un club de lectura aberto para que poidan participar todos os compoñentes da nosa comunidade educativa que o desexen.
       Dado que a totalidade dos compoñentes do espontáneo club de lectura son alumnado de ciclo formativo de educación infantil e fans incondicionais do Principiño, eleximos esta lectura para comentala cos compañeiros que non a coñecen a volta de Nadal.
       
       Dende aquí invitamos a todos e todas os compañeiros que queiran disfrutar con nos desta maravillosa lectura, porque:

       "Todas as persoas maiores ao principio foron nenos,
        ainda que poucos de eles o recorden"


No hay comentarios:

Publicar un comentario