Composteleo

martes, 31 de enero de 2023

Opinións de lecturas

 

O ALUMNADO OPINA das SÚAS LECTURAS

Manuel Villaverde Framil, do C.S. Dirección de Servizos, oferta modular dános a súa opinión do

 libro “Botcham”, de Natsume Soseki. Segundo a reseña da contraportada “unha das novelas máis celebradas polos lectores do Xapón: conta a historia dun profesor que é enviado a dar clase de matemáticas a un pobo perdido dunha das illas do arquipélago xaponés e alí atoparase cunha serie de situacións inverosímiles coas que terá que lidiar.

               Na miña opinión, o propósito do libro é satirizar diversos mitos e costumes do Xapón da época (hai cen anos), tanto o papel dos Mestres na sociedade (“sensei”) como a retitude da cultura xaponesa, empregando para iso unha narrativa burlesca pero con humor doutras épocas e latitudes. O tradutor resalta a dificultade tanto de que o humor, en xeral, sobreviva ao paso do tempo, como que o resultado da traducción poida non ter o mesmo éxito que na escritura orixinal.

               Para min, pode ser un bo libro para lectores que se están a iniciar, pero que non aportará moito aos máis experimentados. O que si me gustou foron as similitudes dos “personaxes colectivos” (o profesorado, o alumnado) e os motes que o protagonista pon aos mestres. Recordan a outros libros que teño lido recementemente, “El lector de Julio Verne” de Almudena Grandes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario