viernes, 23 de noviembre de 2018

25 de novembro....abrindo unha porta violeta contra a violencia


    O noso compañeiro Iván Rey de ciclo superior de educación infantil elaborou un montaxe especial para abrir unha porta a violencia machista



   O alumnado do centro cantando contra a violencia machista seguindo a voz de Almudena Segura Rodríguez e o acompañamento de Manuel Piñeiro Rivas, que nos agasallaron con unha espectacular actuación.






miércoles, 21 de noviembre de 2018

Premio Compostela de album ilustrado

  Esta semana entregouse o XI Premio internacional Compostela de album ilustrado, Organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago en colaboración coa editorial  KALANDRAKA., a Fran Pintadera (Autor) e Christian Inaraja (ilustrador)



 Representantes da editorial Kalandraka,e o autor gañador Fran Pintadera nos acompañaron no noso centro, e compartiron con nos conversa e relatos facéndonos apreciar o potencial do album ilustrado gañador.

domingo, 18 de noviembre de 2018

BIBLIOTECA VIVENTE: "Tesouros vellos para xente nova"

    Esta semana tivemos ocasión de participar na actividade "Biblioteca vivente" organizada pola asociación Xandobela de Xestión e Dinamización SocioCultural en colaboración co Museo do Pobo Galego, no que pudemos interaccionar cos libros viventes que podedes ver no enlace,  e cos que disfrutamos dos vellos tesouros, os novos e non tan novos.





miércoles, 31 de octubre de 2018

Contos de medo na biblioteca

    Como ven sendo habitual nos últimos cursos, o alumnado de ciclo superior de educación infantil  agasallounos cunha sesión de contos de "mooooooito medo" para celebrar o Samaín na nosa biblioteca













sábado, 27 de octubre de 2018

24 de outubro. Dia das bibliotecas

      Esta semana o alumnado de ciclo superior de educación infantil celebramos o día das bibliotecas disfrutando dunha visita a Anxel Casal e da nosa propia biblioteca.