Composteleo

viernes, 22 de octubre de 2021

Diá da Biblioteca


Con motivo da celebración do día da Biblioteca, animamosvos a que participedes na semana de actividades do 25 ao 29 anotándovos no  correo: caldodegroria@gmail.com

Presentaráse o club de lectura Caldo de groria, no que cociñaremos a fogo lento como cantou Rosalía de Castro




 ‘Miña casiña, meu lar’ Rosalía de Castro

Miña casiña, meu lar, cantas onciñas de ouro me vals. 
Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar,
descalciña de pé e perna, sin comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar
i anque ganas tiña delas non tiña para as pagar.
Nos mesóns arrecendía a cousas de bon gustar,
mais o que non ten diñeiro sin elas ten que pasar.
Fun chegando á miña casa toda rendida de andar;
non tiña nela frangulla con que poidera cear.
A vista se me varría que era aquel moito aunar.
Fun á porta dun veciño que tiña todo a fartar;
pedinlle unha pouca broa e non ma quixo emprestar.
As bagullas me caían que me fora a avergonzar.
Volvinme á miña casiña alumada do luar;
rexistrei cada burato para ver de algo atopar:
atopei fariña munda, un puñiño a todo dar.
Vino no fondo da artesa, púxenme a Dios alabar.
Quixen alcende-lo lume, non tiña pau que queimar.
Funllo a pedir a unha vella, tampouco mo quixo dar
si non era un toxo verde para me facer rabiar. 
Volvín triste coma a noite a chorar que te chorar.
Collín un feixe de palla, do meu leito o fun pillar.
Rexistrei polo cortello mentras me puña a rezar
e vin uns garabulliños e fieitos a Dios dar.
Meu San Antón milagroso, xa tiven fogo no lar!
Arrimei o pote ó lume con augua para quentar.
Mentras escaravellaba na cinza, vin relumbrar
un ichavo da fertuna... Miña Virxe do Pilar!
Correndiño, correndiño o fun en sal a empregar.
Máis contenta que unhas páscoas volvín a porta a pechar
e na miña horta pequena unhas coles fun catar.
Con un pouco de unto vello que o ben soupen aforrar
e ca fariñiña munda xa tiña para cear.
Fixen un caldo de groria que me soupo que la mar,
fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar.
Despois que o tiven comido, volvín de novo a rezar
e despois que houben rezado puxen a roupa a secar,
que non tiña fío enxoito de haber tanto me mollar.
Nantramentras me secaba púxenme logo a cantar
para que me oíran en todo o lugar: 
Meu lar, meu fogar, cantas onciñas de ouro me vals.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario