Composteleo

domingo, 10 de marzo de 2019

Contacontos para os mais pequenos

Como ven sendo habitual nos últimos cursos recibimos no noso centro a visita de nenos e nenas de educación infantil de diferentes centros, nesta ocasión nos visitaron o centro Divino Maestro de Santiago de Compostela, e o Ceip da Maia de Bertamiráns, aos que o noso alumnado de ciclo superior de educación infantil agasalla coa participación en diferentes actividades como:
  • Visita ás instalacións de hostalaría, donde os pequenos viven en directo o proceso dos alimentos dende que chegan ao economato...preelaboración...cociña...ata que chegan a nosa mesa.
Aquí a nosa compañeira Luisa Fotenla, e os seus alumnos e alumnas fan as delicias dos pequenos coa participación activa nun obradoiro de elaboración de pan
  •  "Cóntame unha semente":
Contacontos na biblioteca do centro con relatos e xogos relacionados coa alimentación, este ano en concreto coa horta e as sementes



  • Laboratorio das sementes:Iniciarase a presentación da horta ecolóxica e o seu maletín segredo. Realizaranse 4 obradoiros:
1. "Mira que mira mirando" (observando sementes).
    2. "Sementando os sentidos" (experimentación sensorial).
      3. "Nada é o que parece"(transformación de sementes).
        4. "Pesos e medidas".

        • A escuras:
        Representación con luz negra de breves historias nas que os protagonistas son os uns alimentos moi especiais...




        No hay comentarios:

        Publicar un comentario