Composteleo

martes, 14 de mayo de 2019

"Donas de si" nas letras

O alumno de Ciclo Superior de educación Infantil Iván Rey elaborou un dosier sobre as mulleres galegas nas letras dentro do programa que se está a desenvolver no centro "Donas de si".

O programa "Donas de si" ten como obxectivo principal  visibilizar e pór en valor a participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. Para conseguilo proponse realizar unha aproximación de conxunto, que teña en conta a variable de xénero, a figuras relevantes (atendendo especialmente as figuras esquecidas ou ocultas) da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

No enlace podedes ver o video coas Donas de sí nas letras seleccionadas dende a nosa biblioteca


No hay comentarios:

Publicar un comentario