Composteleo

miércoles, 15 de noviembre de 2017

X Premio Compostela de álbum ilustrado

Os alumnos e alumnas de Ciclo Superior de Educación Infantil e Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia tivemos a sorte de poder compartir con Rocío Alejandro, gañadora do X Premio Compostela de álbum ilustrado 2017 pola súa obra " A horta de Simón", un encontro no que a autora e ilustradora nos explicou cómo naceu e elaborou este álbum ilustrado que disfrutamos pequenos e maiores.
Xunto a autora nos acompañaron Manuel Dios, concelleiro de educación e cidadanía do concello de Santiago, e representantes da editorial Kalandraka, entre os que agradecemos a Manuela Rodríguez a narración de "A horta de Simón" que comparteu con nos, facéndonos disfrutar como nenos e nenas do relato.





No hay comentarios:

Publicar un comentario